Solicitas asistencia, indicando as túas necesidades particulares, para que cando chegues ao aeroporto todo estea preparado e non teñas ningunha dificultade durante a túa viaxe.

Debes saber que:

  • o servizo é gratuíto (os menores deben viaxar acompañados).
  • é só para a asistencia en aeroportos de Aena.
  • podes reservar para un máximo de 3 voos na mesma solicitude.
  • debes reservar como mínimo 48 horas antes do voo. Aínda que o teu voo aínda non estea informado no noso sistema (2 meses de antelación), tramitaremos a túa reserva igualmente.
  • a cita no punto de encontro será 2,5 horas antes da saída do teu voo (non é modificable).
  • tamén debes informar a túa compañía aérea e/ou o turoperador.

Que che imos pedir:

  • os teus datos de contacto (incluído o correo electrónico) e necesidades de asistencia.
  • a data, hora, o n.º de voo e os aeroportos de saída e chegada, (aparecen na túa reserva ou tarxeta de embarque).