Solicita asistencia, indicando as túas necesidades particulares, para que cando chegues ao aeroporto todo estea preparado e non teñas ningunha dificultade durante a túa viaxe.
Debes saber que:
- o servizo é gratuíto e está dirixido a persoas con mobilidade reducida ou discapacidade.
- os menores deben viaxar acompañados (non é un servizo de garda e custodia).
- é só para a asistencia en aeroportos de Aena.
- podes reservar para un máximo de 4 voos na mesma solicitude.
- para garantir a calidade na prestación do servizo, cómpre solicitares a asistencia polo menos 48 horas antes da saída do teu voo.
- aínda que o teu voo aínda non estea informado no noso sistema, tramitaremos a túa reserva igualmente.
- a cita no punto de encontro será 2,5 horas antes da saída do teu voo (non é modificable).
- tamén debes informar á túa compañía aérea ou ao operador turístico.
- as aeroliñas poden establecer limitacións para transportar o teu equipo de mobilidade. Se viaxas coa túa propia cadeira/moto eléctrica, recomendámosche que consultes coa túa compañía aérea.
Que che imos pedir?:
- os teus datos de contacto (incluído o correo electrónico) e necesidades de asistencia.
- a data, hora, o n.º de voo e os aeroportos de saída e chegada, (aparecen na túa reserva ou tarxeta de embarque).